jueves, 18 de enero de 2007

Hola!

Hola chamome Ana, pero gustame mais escribir o meu nome con duas -n: Anna.
Nacin o día 11 de julio de 1995 e teño once anos, vivo nun pobo que se chama Curtis (A Coruña) e estou en 6º de primaria.
Ocorreuseme a idea de facer este Blog porque unha rapaza de Boiro saiu no periodico "A Voz de Galiza" é interesoume coñecer como seria ter un blog, xa que ainda non tiña ningún.
Eu son unha nena que se interesa moito polas cousas que estan o seu arredor e tamen gustame moito leer ainda ca xente pense que é moi aburrido, a min e unha das cousas que mais me gusta.
Son tamen unha nena moi activa e fago moitos deportes:patinaxe,badminton, natacion, aeróbic, baloncesto,etc.
Meu pai sempre di que eu nacin nun ano moi malo, porque a miña clase e a mais traste do meu colexio e sempre se estan a meter en leas, pero eu e mais as miñas amigas rimonos moito con eles,pero a veces por culpa duns poucos castigan a todos e iso non nos parece xusto a maioria, ademais somo 20 nenos e hai 17 nenos e 3 nenas......

Ainda que dixen que son unha rapaza moi activa e fago moitos deportes, hai un deporte que odio e detesto, ó que nunca xogarei na miña vida: O futbol.Isto en min, segundo di meu pai, e moi raro tendo en conta que a miña familia e moi futboleira tanto por nai coma por pai, pero a min gustame todo tipo de deportes,en cambio, ese odio desde que nacin.Que eu recorde nunca na miña vida sentin curiosidade por ese maldito deporte.

A miña materia favorita e o ingles;pero os meus amigos parecelles moi dificil,a min gustame porque se me da ben, xa que normalmente non che gusta unha materia sen que se che de ben.

Os meus amigos non lles gusta porque din que é moi complicada;eu non a vexo tan complicada.Pero unha cousa teñoa clara, a segunda cousa(despois do futbol) que menos me gusta neste gran e infinito universo son as malditas matemáticas.

A miña profesora chamase Beatriz Suarez Felpeto e mandanos moitisimos deberes e moito que estudiar,hai veces en que tes ganas de collela polo pescozo es esganala.Hai veces que eu non o fago porque non teño oportinidade;cando nos pon un exame sorpresa escoitase a xente falando polo baixo; a mitade rezando e a outra mitade soltando inxurias contra todo o que existe.

Neste blog que fixen vou ,ademais das cousas que pasen na miña vida,tamen vou recomendar libros, peliculas e demais..........
Deixademe as vosas opinions e tamen se queredes algunha suxerencia.

1 comentario:

Paula García dijo...

Hola Anna yo también juego al baloncesto.

un beso:

Paula